Sede electrónica Concello de Fisterra

11:30:58 Domingo 28 de febreiro 2021
Estás en:

Información

Promoción económica

3/11/20

Bases específicas reguladoras das axudas do Concello de Fisterra a microempresas e autónomos/as como Concello adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia (PEL-REACTIVA)

O obxecto destas bases é regular as axudas a conceder polo Concello de Fisterra, como entidade adherida ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-REACTIVA), aprobadas coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no municipio e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.

A finalidade destas axudas é facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas do municipio, como entidade adherida ao Fondo de Financiamento, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.


Xustificantes de Publicación: