Selección dun/ha auxiliar administrativo/a para dependencias municipais
EXP: 2026/G003/000699
Bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun/ha traballador/a para a prestación do servizo “Auxiliar administrativo/a para dependencias municipais", ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de Garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+GALICIA 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento TR350E)
Ás persoas candidatas foron remitidas polo Servizo Público de Emprego e dispoñen dun prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación.