Sede electrónica Concello de Fisterra

20:45:40 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Certificado de empadroamento

O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.

A persoa que solicita poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:

  • Certificado de Empadroamento Individual
  • Certificado de Empadroamento Colectivo
  • Certificado de Empadroamento Histórico
  • Certificado de Empadroamento Negativo Individual
  • Certificado de Empadroamento Histórico Colectivo

Se se actúa en nome propio, e a situación padronal o permite, o Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse no momento. Noutro caso, a súa solicitude darase de alta e o certificado será tramitado posteriormente polo concello.

Os certificados colectivos, en cambio, serán sempre tramitados polo Concello como calquera outra solicitude telemática.

Para solicitar o Certificado de Empadroamento dun menor que careza de Documento Nacional de Identidade, deberá utilizar a Solicitude Xeral e explicar esta circunstancia no EXPOSICIÓN/SOLICITUDE.  

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Documentación acreditativa do parentesco. En caso de menores ou de persoas falecidas, deberase achegar documentación acreditativa do parentesco: libro de familia, declaración de herdeiros,etc.
  • Para os certificados colectivos, é indispensable acompañar (para cada unha das persoas maiores de idade incluídas na folla padronal) a seguinte autorización (descarga).  Excepción: De conformidade co art. 19.4 do Real Decreto-lei 20/2020, do 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital, cando o certificado se solicita para ese efecto, non se requirirá o consentimento das persoas empadroadas no domicilio do solicitante.

Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.