O procedemento de "solicitude de servizo de carácter social" ten por obxecto mellorar as condicións de vida e convivencia da cidadanía a través de servizos sociais, atendendo así as necesidades e problemática que lles afectan aos cidadáns e ás cidadás do Concello.
A persoa interesada poderá escoller o tipo de servizo que necesita: Solicitude de Teleasistencia, Solicitude de Axuda á Dependencia, Solicitude de Renta de Inclusión Social de Galicia, Solicitude de Axuda de Inclusión Social, Axuda de Emerxencia Social municipal, Outras atencións/servizos (indicando cales).
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o servizo de carácter social.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Consultar a normativa específica ou consultar co Concello.
Nome: Solicitude de servizo de carácter social.
Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.